Mapa web

 

 

Axuda a Malawi


 

 

Reproducimos unha carta chegada á nosa web, do equipo de catequistas de Vilalba:

        Benquerido/a amigo/a:

    Queremos comentarche un tema que está a preocupar na nosa Unidade pastoral..

    Leva unha temporada longa entre nós, Mª José Carrasco, natural desta vila, misioneira carmelita en Malawi (Africa). Ela está pasando unha temporada coa súa familia, e recuperándose dunha enfermidade contraída aló. Hai uns días recibiu unha carta ben preocupante das súa comunidade e dos colaboradores seus no hospital que dirixe en Malawi: unha nova e extraordinaria “fame” volve asola-lo país e a zona onde está. No ano 2002 xa outra asolara o país de xeito devastador, e tres anos máis tarde, repítese a historia. Durante un tempo tiveron abastecemento suficiente de comida, que venderon a un prezo baixo e agora carecen do máis necesario para vivir.

    Este é o motivo polo que che mandamos este mail. Estamos a buscar fondos de axuda para mandar a Malawi (fundamentalmente cartos cos que poder mercar comida). Sabemos que son moitos os frentes que no mundo e na Igrexa reclaman a nosa colaboración, pero, como tantos outros, este problema non sairá nas cadeas de TV, na prensa nin na preocupación dos políticos: irase minando a poboación, e os que están alí partiranse o lombo tentando ofrecer unha axuda.

    Se queres colaborar, ponte en contacto connosco; dá a coñecer isto que estamos a facer, coméntao coa xente que coñezas,... todo aquilo que creas poida ser bo para axudar alí, será benvido. É verdade que posiblemente non solucionemos nada, pero aquí non vale iso de: “ojos que no ven...”

    Podes mandarnos un mail a este enderezo: tupuedeshoy@yahoo.es concretando a túa aportación, e así xa che dicimos como facelo.

    Máis nada, recibe un cordial saúdo, e que este novo ano que imos comenzar, traia o mellor para todos.

                                                                      

Grupo de catequistas de Vilalba

Nova Fronteira| Director Antonio Valín Valdés | valin.novafronteira@gmail.com | Webmaster e administrador Daniel Basteiro | novafronteira@gmail.com | Avda/ As Pedreiras s/n; 27800 Vilalba; |Teléfono 982510406 (Antonio Valín)| Diócese de Mondoñedo - Ferrol