Mapa web

 

 

Novas de Sta María


 

Rouco Varela confirma a 15 xoves chairegos

NOVAFRONTEIRA | 5 de xaneiro de 2005| Fotos cedidas por Foto Purriños

    O cardeal arcebispo de Madrid, Rouco Varela, administrou o sacramento da confirmación durante a súa estancia en Vilalba a 15 xoves da parroquia de Sta. María e de parroquias pertencentes á unidade pastoral de Vilalba. Respodeu así á invitación que o equipo de catequistas cursara como é habitual dende hai anos, aceptando representar ó noso bispo, Manuel Sánchez Monge.

Na súa homilía, Rouco interesouse polos rapaces, pola súa formación e aconselloulles "buscar a felicidade sendo boas persoas", porque, segun el, "unha cousa non é posible sen a outra".

Os confirmandos prepararon unha ceremonia na que participaron facendo preces, acción de gracias, e afirmando ante a comunidade a súa fe en Xesús.

Na eucaristía o cardeal Rouco Varela estivo acompañado polos curas da parroquia, D. Uxío, Antonio Valín e Javier Santiago, que se encargou dos cantos.

Entre as anécdotas, a busca por parte de Rouco de descendentes dos seus coñecidos de xuventude, ou a cruz coa que agasallou a cada un dos rapaces que se confirmaban. Acabada a misa, o cardeal, os confirmados e os amigos compartiron un aperitivo preparado polos catequistas.

1.-Os xoves, xa confirmados, posan para a foto de familia xunto ó cardeal arcebispo Rouco Varela

2.- Unha das mozas, xunto á súa madriña, no momento de ser confirmada. Á dereita observa D. Uxío, párroco de Sta. María.

 

   

Nova Fronteira| Director Antonio Valín Valdés | valin.novafronteira@gmail.com | Webmaster e administrador Daniel Basteiro | novafronteira@gmail.com | Avda/ As Pedreiras s/n; 27800 Vilalba; |Teléfono 982510406 (Antonio Valín)| Diócese de Mondoñedo - Ferrol