Mapa web

 

 

Pascua Xove

13-16 abril


Ir ás últimas informacións publicadas no blog de Nova Fronteira

|A Pascua dos xoves |¿Quén organiza a Pascua? | ¿Qué sentido teñen estes días para alguén coma ti?|Avisos prácticos|Inscríbete|

A Pascua dos xoves

¿Estás canso da Semana Santa de sempre? Unhas vacacións extrañas, onde a tele pon procesións que parece que non rematan nunca, hai máis misas que de costume e ninguén parece entender moito do que pasa...

A Pascua Xove é para ti, que tes inquietudes, que eres un xove sen complexos, moderno. Porque nós compartimos contigo todo iso e, ademáis, somos cristiáns. ¿Imposible?

A Pascua é unha maneira distinta de vivir estes días de vacacións. Con xente nova, que estudia, traballa, e que busca vivir, dun xeito alegre, uns días moi importantes para os cristiáns.

Dende o xoves ata o domingo temos tempo para compartir celebracións relixiosas, cancións, momentos de oración, pero tamén momentos de esparcemento, de debate sobre temas que interesan, de diversión e de festa.

¿Quén organiza a Pascua? ¿Xente rara?

Detrás da Pascua Xove está unha asociación de mozos e mozas da diocese de Mondoñedo Ferrol, co apoio da Pastoral Xuvenil. Na súa maior parte son estudiantes universitarios, pero tamén profesores, curas, etc.

Case todos proceden de parroquias como a túa e, un día xa hai dezaseis anos, decidiron xuntarse no Seminario Menor de Mondoñedo para vivir estes días todos xuntos.

Organizaron debates, reunións por grupos, obras de teatro, concertos, festas... para

acompañar ó realmente importante: Xesús de Nazarez, que celebra con todos nós a súa Última Cea, a súa morte, e a súa Resurrección.

Sempre hai algo que impulsa a estes mozos a voltar ano tras ano á Pascua. Tras ela, voltan ós seus estudios noutras cidades, ou ós seus traballos.

¿Qué sentido teñen estes días para alguén coma ti?

Estes días son os máis importantes para os que buscan algo máis e necesitan un espacio onde falar sobre un mundo que os interroga. Supoñen a xenerosidade que non atopamos no mundo, a dor e a inxustiza dos homes e o triunfo de Deus sobre todo iso que fai a nosa vida máis triste, máis baleira de sentido.

Sempre coa figura de Xesús de Nazaret como centro e exemplo, aprendendo pouco a pouco da súa maneira revolucionaria de vivir a vida. ¿Estás preparado para as emocións fortes?

Avisos prácticos

 

A Pascua Xove vai dirixida a rapaces a partires de 16 anos (en adiante).

Ten un custo de 35 € para comidas, aloxamento e material, que se abonarán o mesmo Xoves Santo en Mondoñedo. Existen axudas para quen non poida pagar esta cantidade.

Á Pascua Xove deberás traer os teus útiles de aseo (xa sabes, roupa, tamén de abrigo, cepillo de dentes, toallas e o que precises), e un saco de durmir. Ademáis, precisarás unha Biblia ou un Novo Testamento. Se sabes tocar algún instrumento, ¡únete ó coro con el!

  As datas, 13-16 abril no Seminario de Mondoñedo. Comezaremos ás 11,30 da mañá. Se non tes medio de transporte para vir, pregunta no noso teléfono.

 

Inscríbete!

    Para vir á Pascua só tes que mandar un correo electrónico a pascuaxove@gmail.com , indicando o teu nome completo, enderezo postal e electrónico, teléfono de contacto, idade, e parroquia á que pertences.

    Por correo postal, podes enviar a túa inscripción a Asociación Pascua Xove, Seminario Menor; Praza do Seminario, 27740 Mondoñedo. Para máis información, podes poñerte en contacto con nós no teléfono 982521000.

 

Nova Fronteira| Director Antonio Valín Valdés | valin.novafronteira@gmail.com | Webmaster e administrador Daniel Basteiro | novafronteira@gmail.com | Avda/ As Pedreiras s/n; 27800 Vilalba; |Teléfono 982510406 (Antonio Valín)| Diócese de Mondoñedo - Ferrol