Mapa web

 

 

Pinchos solidarios por Malawi


 

    Os domingos 21 e 28 de maio organizouse desde a catequese unha actividade solidaria para axudar a Malawi; chamámoslle “Pinchos solidarios”. Contamos coa colaboración dos rapaces/as que se están a preparar para a confirmación. O lugar escollido foi o pequeno adro da Igrexa, no que se habilitou unha carpa.

         O primeiro día o tempo non axudou: vento, frío e choiva acompañáronnos toda a xornada, agás algunhas raiolas de sol de cando en vez. O segundo, pola contra, disfrutamos dun sol espectacular.

         A actividade tivo unha moi boa acollida, polo que estamos dispostos a repetir (ademais escollimos ben os días, pois era cando celebrabamos as primeiras comunións na parroquia).

         Agradecemos a tódalas persoas que se achegaron á nosa carpa porque cos súa solidariedade, Malawi ten unha nova esperanza. Sabemos positivamente que todo o recadado chegará ó seu destino e será ben empregado.

                   Angeles, Carmen e Mª Cruz, catequistas.

Nova Fronteira| Director Antonio Valín Valdés | valin.novafronteira@gmail.com | Webmaster e administrador Daniel Basteiro | novafronteira@gmail.com | Avda/ As Pedreiras s/n; 27800 Vilalba; |Teléfono 982510406 (Antonio Valín)| Diócese de Mondoñedo - Ferrol