Mapa web

 

 

Quén somos

    O noso nome di ben claro quén somos e o que pretendemos. Detrás desta páxina estamos un grupo de persoas, rapaces e rapazas, que nos situamos nunha fronteira: somos cristianos, xoves, persoas inquietas no medio desta sociedade, que queremos escoitar e facernos oir e, desde logo, persoas que temos moito que dicir.

         Facemos isto desde unha clara opción cristiá, crendo que o evanxeo anunciado por Xesús sigue sendo válido. Pero ó mesmo tempo queremos escoitar voces moi plurais, daí que nos situemos na fronteira. Así, a nosa voz, a túa voz, a de calquera, pode sentirse, oirse e escoitarse.

         Somos unha fronteira nova porque a maioría dos que estamos detrás desta inciativa somos xente nova. De tódolos xeitos, non queremos pecharnos só nun campo concreto: calquera que teña algo que dicir, compartir, opinar,... pode ter aquí o seu espazo. E isto queremos facelo tendo presente moitos aspectos nos que nos movemos: a arte, o cine, a literatura e música, as noticias máis actuais e os temas de reflexión, a nosa e a túa opinión,... A nosa páxina é un lugar de encontro de moitas voces; un lugar de encontro de materiais, inciativas, proxectos,... pero sobre de ilusións e inquedanzas.

         Nova fronteira é o lugar de todos, o teu, o noso. Somos todos os que a facemos.

 

Nova Fronteira| Director Antonio Valín Valdés | valin.novafronteira@gmail.com | Webmaster e administrador Daniel Basteiro | novafronteira@gmail.com | Avda/ As Pedreiras s/n; 27800 Vilalba; |Teléfono 982510406 (Antonio Valín)| Diócese de Mondoñedo - Ferrol